O goberno local aprobará mañá a clasificación de ofertas do parque infantil de Jenaro de la Fuente

Publicado por o día 06/03/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O goberno local aprobará mañá a clasificación de ofertas do parque infantil de Jenaro de la Fuente

O goberno local aprobará mañá a clasificación de ofertas para a contratación das obras de ampliación e reestruturación do parque infantil de Jenaro de la Fuente. Cun importe de 500.000 euros, o proxecto prevé a remodelación da praza o que permitirá duplicar a área de xogo. Esta actuación vense sumar ao parque de Maruja Mallo, que tamén está en fase de adxudicación cun orzamento de 400.000 euros.