O Goberno Local aprobou as bases e convocatoria para a concesión de subvencións a entidades e asociacións de carácter social sen ánimo de lucro

Por o 09/04/2018 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
O Goberno Local aprobou as bases e convocatoria para a concesión de subvencións a entidades e asociacións de carácter social sen ánimo de lucro
Compartir en:

A Xunta de Goberno Local aprobou as bases e convocatoria para a concesión de subvencións a entidades e asociacións de carácter social sen ánimo de lucro para a realización de actividades de servizos sociais en 2018. O importe é de 50.000 euros, por concorrencia competitiva, para proxectos de asociacións sen ánimo de lucro en favor de familia e infancia, maiores e discapacitados, emigrantes, inmigrantes e minorías étnicas, persoas marxinadas sen fogar e toxicómanos.