O goberno local aumenta un 20% a súa achega a persoas con dependencia a través do Servizo de Axuda no Fogar

bel Caballero informou este luns de que a Xunta de Goberno Local aprobou un incremento da achega do goberno local para persoas dependentes a través do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). O novo contrato eleva ata máis de 400.000 euros as horas de servizo.
Publicado por o día 15/10/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O goberno local aumenta un 20% a súa achega a persoas con dependencia a través do Servizo de Axuda no Fogar

Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para incrementar en 160.874 horas anuais de dependencia asignadas ao Concello de Vigo, alcanzando así un total de 403.274 horas.

O alcalde, Abel Caballero, informou da medida tomada para aumentar a achega municipal en 353.000 euros ata chegar aos 887.000 euros. “Este incremento permite dar unha moi importante cobertura á xente con dependencia”, sinalou.


Plataforma Smart City

Ademais, tamén foi aprobada a contratación do subministro e servizo dunha plataforma integral de xestión intelixente de servizos cidade e a súa integración cos servizos da plataforma cidade VCI+ por un importe de 512.000 euros.

Segundo explicou o alcalde, a plataforma Smart City é susceptible de ser financiada grazas aos fondos FEDER con Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sustentable e Integrado (EDUSI).

O obxectivo é desenvolver o proxecto de Smart City e poñer en marcha un software para a xestión da información con capacidades de análise, xestión de datos e contornas BigData, así como funcionalidades de conexión a sistemas en tempo real.

Piscinas municipais

Por outra banda, a Xunta de Goberno tamén aprobou a prórroga do contrato de servizos de mantemento de instalacións, técnicos, auxiliares e docentes complementarios para o funcionamento das piscinas cubertas de As Travesas, Lavadores, Teis e Valadares, e os ximnasios de Travesas e O Berbés. O contrato é por un período de catro meses, desde novembro ata febreiro de 2019, e supón un gasto total de 1.179.467 euros.

Una respuesta para "O goberno local aumenta un 20% a súa achega a persoas con dependencia a través do Servizo de Axuda no Fogar"

  1. Gamela   16/10/2018 at 22:48

    Unha condición previa para seguir vivindo en Vigo con dignidade é que este señor que dí representar á cidadanía faga o favor de recibir aos que levan un ano e 8 meses agardando ás portas do Concello…

    Se queres dicir algo sobre o asunto aquí tes unha oportunidade de facer chegar as túas denuncias ao Pleno do Concello deste mes de outubro…

    https://www.flickr.com/groups/vigodenuncia/discuss/72157671217057647/72157672291472697