O goberno local contrata o mantemento de calefacción e auga nos colexios públicos

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este xoves o contrato de servizos de mantemento das instalacións de calefacción e auga quente nos colexios públicos. Tamén recibiu o visto e prace a modificación das bases para as becas no estranxeiro da Escola de Idiomas e as subvencións para a Fundación Carlos Casares e a Federación de Libreiros.
Publicado por o día 18/06/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O goberno local contrata o mantemento de calefacción e auga nos colexios públicos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou este xoves en rolda de prensa que a Xunta de Goberno Local aprobou a contratación de servizos para o mantemento integral das instalacións de calefacción e auga quente dos colexios públicos por un importe de 130.000 euros. Ademais, o rexedor informou de que o Concello investirá este ano máis de 2 millóns de euros nos centros educativos, a maiores dos 2,9 millóns destinados á limpeza.

Por outra banda, a Xunta de Goberno tamén deu o visto e prace á modificación das bases da convocatoria para as becas de inglés de estancias no estranxeiro dos alumnos da Escola de Idiomas. O obxectivo, neste caso, é ampliar dous meses o prazo de xustificación das becas. Respecto ás becas de “Vigo en Inglés” para alumnos de 3º de la ESO, está aberto o prazo de presentación de solicitudes ata o 9 de xullo.

Cultura

Na mesma sesión o goberno municipal aprobou a subvención, mediante un convenio coa Fundación Carlos Casares, para a organización dun programa de actividades por importe de 6.000 euros, e tamén unha subvención, mediante convenio coa Federación de Libreiros de Galicia para as feiras do libro de Vigo durante 2020 por un importe de 5.000 euros.

Por último, na Xunta de Goberno Extraordinaria saíu adiante o nomeamento interino de 9 auxiliares de administración xeral para o servizo de Benestar Social e dous auxiliares de administración xeral para o servizo de Estatística.

Comentar noticia

Your email address will not be published.