O goberno local de Vigo xa iniciou a tramitación do orzamento do ano 2019

O goberno local dará conta no Pleno do próximo xoves do Decreto polo que se aproba o perímetro de consolidación e os marcos orzamentarios para o período 2019-2021. Deste xeito, Vigo convertese na primeira gran cidade española en iniciar esta tramitación.
Por o 02/04/2018 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
O goberno local de Vigo xa iniciou a tramitación do orzamento do ano 2019
Compartir en:

Abel Caballero avanzou que o goberno local xa está a traballar nos orzamentos de 2019, seguindo co previsto no artigo 29 da Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira Orde HAP/2105/2012, de 1 de outubro. O Concello xa está elaborando un plan orzamentario a medio prazo, no que se enmarcará a elaboración dos orzamentos anuais e a través do cal se garantirá unha programación orzamentaria coherente cos obxectivos seguintes: cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria; sustentabilidade financeira, que ten a súa expoñente no coeficiente de débeda pública; cumprimento co obxectivo de sustentabilidade da débeda comercial; cumprimento coa regra de gasto de acordo á evolución da taxa de referencia do crecemento do Produto Interior Bruto da economía Española. Caballero concluíu en rolda de prensa enfatizando que Vigo é un “modelo” respecto do cumprimento dos parámetros legais vixentes e que vai volverá a ser a cidade española que antes vai aprobar as súas contas para 2019.

Segundo explicou, este marco segue a liña de potenciar o programa de inversións municipais, con humanizacións pavillóns deportivos, obras en barrios e parroquias porque é a transformación da cidade e a xeración de miles de postos de traballo. Tamén se referiu á política social que seguirá a ser central, á que se sumarán as políticas de emprego e transporte.