O goberno local derribará catro edificios abandonados que afean a fachada da Colexiata

O Concello iniciará os trámites para adxudicarse catro edificios abandonados que están situados fronte á Colexiata. O obxectivo é construír un equipamento público acorde co resto da Praza da Igrexa, unha das zonas máis emblemáticas e visitadas da cidade.
Publicado por o día 11/10/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O goberno local derribará catro edificios abandonados que afean a fachada da Colexiata

A Xerencia de Urbanismo aprobará o próximo martes 15 de outubro a delimitación como área de prioritaria os edificios situados na Praza da Igrexa (números 6, 7, 8 e 9). Segundo explicou, a Praza da Colexiata -“futura Basílica de Santa María” -ten diante unhas construcións en situación de deterioro que desmerecen un dos lugares máis emblemáticos e visitados da cidade.

Con esta decisión, o Concello inclúe estas parcelas dentro das súas prioridades de actuación e, de acordo con Patrimonio Histórico, elaborará un proxecto para refacer estes edificios acorde co resto da praza, que está en “moi boas condicións”. O alcalde avanzou que a fórmula pasará por, ou ben chegar a un acordo cos propietarios ou ben, utilizar a vía da expropiación.

Os informes aseguran que, transcorridos os prazos establecidos con PEPRI do Casco Vello para solicitar licenza de edificación e segundo a lexislación vixente, o Concello pode actuar para construír un equipamento público. A partir de agora, abrirase un período de de información pública de 20 días hábiles. Tamén se notificará este acordo aos titulares das parcelas afectadas, incluíndo o correspondente trámite de audiencia en 10 días hábiles para que poidan presentar ou alegar a documentación ou xustificación que estimen pertinentes.

Una respuesta para "O goberno local derribará catro edificios abandonados que afean a fachada da Colexiata"

  1. Gamela   11/10/2019 at 19:56

    Mira que levamos anos aturando estas fachadas de miseria https://flic.kr/p/TybJaV
    Agora seica entroulles a présa? DEZ DÍAS HÁBILES !!!

    Pero o que nunca poderemos coñecer é de que “equipamento público” falamos e cantos cartos imos meter neste novo chiringuito ???

    Santa Transparencia, Ora pro nobis !!!

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.