O Goberno local do Porriño remata os traballos de mellora e reforma da zona do Torreiro da Forna, na parroquia de Budiño

Publicado por o día 12/09/2018 na sección de Galicia,O Porriño

O Goberno local do Porriño remata os traballos de mellora e reforma da zona do Torreiro da Forna, na parroquia de Budiño

A Concellería de Vías e Obras que dirixe Manuel Carrera, vén de facer realidade o compromiso que o propio concelleiro adquirira coas veciñas e veciños de Budiño, e rematou os traballos de reforma do Torreiro da Forna.

As obras abrangueron o axeitamento do propio torreiro, a pavimentación da zona a colocación de beiravías de formigón, a mellora da zona de aparcamento de vehículos, a situación dun paso peonil, ademáis da recollida de augas pluviais do Centro Cultural e a colocación dunha nova tubaxe de saneamento.

Manuel Carrera subliña o feito de que os traballos fixéronse con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra 2017 e que os mesmos contaron cun orzamento total de máis de 45.000€, “cos que non so recuperamos un lugar que é o centro das festas de San Blas, senón que melloramos e enriquecemos unha parte da parroquia de Budiño especialmente querida polos seus habitantes”.