O goberno local eleva a 155.000 euros o orzamento para cooperación internacional, duplicando a cifra de 2017

Abel Caballero avanzou hoxe xoves que o Concello duplicou en 2018 o orzamento para cooperación internacional. Esta cantidade pasou de 80.000 euros en 2017 a 155.000 euros o presente exercicio.
Publicado por o día 14/06/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O goberno local eleva a 155.000 euros o orzamento para cooperación internacional, duplicando a cifra de 2017

O Concello duplicou en 2018 as partidas dedicadas a cooperación internacional elevándoas a 155.000 euros, aos que hai que sumar a cantidade que supón costear as viaxes do programa “Vacacións en paz” que cada ano permite a nenos e nenas saharauis pasar o verán con familias viguesas. Tal e como indicou o rexedor, xa están en tramitación as colaboracións con Acnur, Unicef, así como o Programa mundial de alimentos e o Programa Impórtanos.

En declaracións aos medios, destacou que o Concello xa executou os 80.000 euros que recollía para cooperación internacional o orzamento do ano 2017, o que permitiu achegar 30.000 euros a Acnur para a poboación desprazada en Irak; 20.000 euros a Unicef para o acceso a educación en Siria ou o Programa de comercio xusto, Impórtanos. O ano pasado, o goberno local tamén asumiu o custo das viaxes do programa “Vacacións en paz”.