O goberno local elevou nun 300% a atención social e as axudas de emerxencia pola Covid

Abel Caballero, quen reiterou que “non hai límite orzamentario para a atención social”, explicou que os usuarios atendidos polos servizos sociais do Concello multiplicáronse por tres a causa da pandemia, ao igual que as axudas de emerxencia concedidas, que xa superan os 1,25 millóns.
Publicado por o día 18/09/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O goberno local elevou nun 300% a atención social e as axudas de emerxencia pola Covid

Desde o inicio da pandemia, os usuarios atendidos polos servizos sociais do Concello de Vigo case que se multiplicaron por tres, pasando dos 1.200 persoas ao mes antes da irrupción da Covid-19 aos 3.200 actuais. O dato neto, engadiu Caballero, ascende a 23.000 cidadáns atendidos nos oito primeiros meses deste ano.

O Concello constata que unha terceira parte do total de atendidos desde marzo son novos usuarios dos servizos sociais municipais, o que responde ao atraso no abono dos ERTES, aos despedimentos e a persoas que vivían da economía somerxida, segundo argumentou Caballero.

Ademais, as axudas de emerxencia concedidas desde marzo polo Concello para gastos básicos tamén aumentaron nun 300% con respecto á etapa anterior e xa superan as 10.000 e os 1,25 millóns de euros transferidos. O alcalde ofreceu outro dato que reflicte o impacto socioeconómico da pandemia: o Servizo de axuda no fogar sumou a 330 persoas desde marzo, un 30% máis, ata os 1.200 usuarios, a cifra máis elevada desde que se presta este servizo.

No tocante ao social, Caballero resumiu que os servizos permanentes experimentan un aumento do 30% mentres que os de emerxencia se elevan nun 300%: “É unha parte dos efectos da pandemia”, valorou o alcalde, antes de insistir en que “en Vigo non hai límite orzamentario para a atención social; o que sexa preciso, imos habilitalo”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.