O goberno local inaugura a zona dos máis pequenos do macroparque infantil de Navia

O macroparque infantil de Navia xa está operativo para os menores de seis anos, segundo comprobou esta tarde o rexedor durante unha visita. En apenas unhas semanas estará en funcionamento toda a área de recreo, que se sumará á zona deportiva e de descanso, que xa están abertas ao público.
Publicado por o día 01/03/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O goberno local inaugura a zona dos máis pequenos do macroparque infantil de Navia

O alcalde inaugurou hoxe venres a zona do macroparque de Navia para os nenos menores de seis anos, – a dos máis maiores estará lista nunhas semanas -, unha vez que a semana pasada xa se puxera en funcionamento a zona deportiva e a área de descanso. O total da actuación, que inclúe unha pista de skate, roller e BMX, elévase ao 1,4 millóns, detallou o rexedor.

Ao mesmo tempo, o Concello xa comezou cos traballos de construción da biblioteca de Navia, que conta cun orzamento de case medio millón de euros e 200 postos de lectura. Esta dotación cultural vense sumar á de Bouzas, á Neira Vilas e á do Auditorio Mar de Vigo. Outra das actuacións que se están a desenvolver en Navia é a remodelación do campo de fútbol, cun investimento superior aos 300.000 euros, o que permitirá renovar o céspede e máis a iluminación. O alcalde rematou referíndose á renovación de 75 puntos de luz que o goberno local vén de renovar en Teixugueiras.