O goberno local inicia a tramitación da venda do Edificio do Reitorado á Zona Franca

O goberno local comezará esta semana o proceso administrativo de venda á Zona Franca do Edificio do Reitorado procedendo a desafectación da parcela. Deste xeito, o Consorcio será máis accesible e o actual edificio da Zona Franca poderá ser utilizado para actividade e empresarial o que redundará en “gran rendibilidade económica” para Vigo.
Publicado por o día 17/12/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O goberno local inicia a tramitación da venda do Edificio do Reitorado á Zona Franca

O goberno local comezará esta semana o proceso administrativo de venda á Zona Franca do Edificio do Reitorado procedendo a desafectación da parcela. Deste xeito, o Consorcio será máis accesible e o actual edificio da Zona Franca poderá ser utilizado para actividade e empresarial o que redundará en “gran rendibilidade económica” para Vigo.

O goberno local levará á Comisión Informativa de Contratación do próximo mércores día 19 a proposta de alteración da natureza xurídica da parcela municipal denominada “Edificio Reitorado”. Trátase, explicou Abel Caballero, de desafectar a parcela, que pasará de ser dominio público a patrimonial para poder enaxenala e vendela á Zona Franca. Na súa opinión, “esta gran institución ten que ter un espazo visible na cidade, ten que ser accesible”.

Tal e como indicou, esta mesma tarde, no Pleno de Zona Franca vaise tratar esta operación, que permitirá que, ademais, que o actual edificio do Consorcio quede dispoñible para acoller para actividade empresarial o que suporá “gran rendibilidade económica para a cidade e para Zona Franca”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.