O goberno local inicia os trámites para a construción do segundo aparcadoiro gratuíto no Cunqueiro

Abel Caballero informou este luns de que xa está en marcha o expediente para construír un novo aparcamento xunto ao Hospital Álvaro Cunqueiro. “Iniciamos a tramitación oficial e a Xunta recibirá un requirimento oficial de compra ao que está obrigada a contestar”, sinalou o alcalde.
Por o 11/02/2019 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
O goberno local inicia os trámites para a construción do segundo aparcadoiro gratuíto no Cunqueiro
Compartir en:

O Concello de Vigo xa iniciou a tramitación para construír un novo aparcamento gratuíto xunto ao Hospital Álvaro Cunqueiro. Así o adiantou este luns o alcalde, Abel Caballero, na súa comparecencia ante os medios de comunicación.

“Enviei unha carta á Xunta o 16 de xaneiro pedíndolle a venda da parcela, xa non se me ocorre pedir a cesión gratuíta, onde vamos a facer o aparcamento e non temos resposta; vai pasar un mes e queremos que ese día estea iniciado o expediente oficial de solicitude de compra”, explicou o rexedor en rolda de prensa.

Caballero lembrou que o aparcamento do Hospital Álvaro Cunqueiro “é gravosísimo para a xente que o utiliza, porque teñen que pagalo durante moitas horas de estancia” e engadiu que a pasada fin de semana, durante un congreso con técnicas auxiliares no centro médico, as traballadora “déronme as grazas porque aforran moito diñeiro”.

O Concello xa dispón dun aparcadoiro de 400 prazas públicas e inicia agora os trámites para facer unha segunda instalación máis preto dos accesos ao hospital. “Iniciamos a tramitación oficial e a Xunta recibirá un requirimento oficial de compra ao que está obrigada a contestar”, indicou.

O alcalde tamén indicou que “sigo esperando a que a voceira do PP de Vigo cumpra a súa promesa de que van a poñer gratuítos os aparcamentos do Hospital, sego esperando”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.