Segundo expuxo Caballero, as conducións actuais do saneamento e abastecemento na rúa Filipinas, de fibrocemento, teñen arredor de setenta anos polo que se atopan deterioradas e obsoletas. Así o Concello investirá 120.000 euros na súa renovación, tal e como está facendo no resto da cidade.
Ascensor Camilo José Cela
Mañá martes, ás 9:00 horas da mañá entrará en funcionamento o ascensor do Parque Camilo José Cela, que comunica Torrecedeira con Pi y Margall, e que supuxo un investimento de case 3 millóns de euros, enmarcado no proxecto Vigo Vertical, cofinanciado con fondos FEDER da Unión Europea.
O rexedor puxo en valor esta infraestrutura que facilita a comunicación nunha zona “moi vertical” da cidade e que evita ter que facer desprazamento máis longos para transitar dunha zona á outra.
Noticias de última hora en Vigo