O goberno local nomea aos novos representantes municipais do Padroado da Fundación MARCO

Abel Caballero deu conta esta mañá do nomeamento dos novos membros do Padroado da Fundación MARCO, no que estarán representados todos os grupos municipais. O Concello achega 605.000 euros anuais ao museo, o 75% do seu orzamento.
Publicado por o día 05/09/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O goberno local nomea aos novos representantes municipais do Padroado da Fundación MARCO

Abel Caballero deu conta esta mañá do nomeamento dos novos membros do Padroado da Fundación MARCO, no que estarán representados todos os grupos municipais. O Concello achega 605.000 euros anuais ao museo, o 75% do seu orzamento.

A Xunta de Goberno deu luz verde ao nomeamento dos representantes da corporación no Padroado da Fundación MARCO, unha entidade presidida polo alcalde da cidade. Tal e como explicou Abel Caballero, Abel Losada, María del Carmen Lago, María José Caride, Jaime Aneiros, Nuría Rodríguez e Cayetano Rodríguez entrarían a formar parte como vogais a instancias do PSOE. A proposta dos grupos do PP e Mixto, incorporaranse ao Padroado, os concelleiros Teresa Egerique e Oriana Méndez, respectivamente. O Concello é o máximo dinamizador do MARCO, asumindo o 75% do seu finanzamento, cunha achega anual de 605.000 euros.

Comentar noticia

Your email address will not be published.