O goberno local ofrece á hostalería asesoramento para a solicitude de axudas públicas

A través do programa Vigoemprende, o goberno municipal pon a disposición do sector hostaleiro un servizo de asesoramento e xestión gratuíto para que poidan acceder ás axudas do Goberno de España.
Publicado por o día 29/12/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O goberno local ofrece á hostalería asesoramento para a solicitude de axudas públicas

Abel Caballero deu conta desta iniciativa do seu goberno este martes en rolda de prensa, adiantando que o comunicará tamén ao sector estes días.

A hostalería de Vigo poderá contar co asesoramento e apoio do programa municipal Vigoemprende para realizar as solicitudes de axudas do programa estatal. O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo vén de aprobar un paquete de medidas de 4.220 millóns de euros no que se contemplan diferentes posibilidades para axudar a paliar as consecuencias da pandemia no sector: a rebaixa de alugueiros, aprazamento de pagamentos, axudas do ICO…

O servizo de asesoramento que ofrece o Concello para pemes e emprendedores é totalmente gratuíto e pode realizarse tanto de xeito presencial como telemático.

Comentar noticia

Your email address will not be published.