Abel Caballero anunciou este luns que a partir de esta semana os baldeos de auga nas rúas quedarán reducidos a días alternos como medida de aforro de auga. O nivel de ocupación nos embalses de Eiras e Zamáns seguen por riba dos rexistros do ano pasado e o alcalde insistiu en solicitar consumo responsable.
Os baldeos de auga nas rúas de Vigo quedarán reducidos esta semana, de forma que unicamente se levarán a cabo en días alternos. Así o anunciou este luns o alcalde, Abel Cablallero, en rolda de prensa tras informar do estado das presas que abastecen a cidade.
Agora mesmo Eiras atópase ao 79,05% -mellor que o ano pasado (78,82%)- e Zamáns está ao 74% (67% o ano pasado). “Estamos mellor que hai un ano, cando xa fora bo, pero agora mesmo empezamos a tomar medidas”, sinalou o rexedor.
“Esta medida é extensible a todos os municipios aos que subministramos auga”, explicou. Caballero tamén indicou que no momento en que o nivel de ocupación chegue ao 70 por cento serán eliminados totalmente os baldeos.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.