O goberno local subvenciona as aulas matinais e actividades extraescolares de 9.800 escolares

O Concello de Vigo apoiará grazas ao convenio con Foanpas as actividades extraescolares dun total de 8.945 alumnos e alumnas. A iniciativa tamén inclúe as aulas matinais que utilizan outros 858 escolares.
Publicado por o día 28/10/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O goberno local subvenciona as aulas matinais e actividades extraescolares de 9.800 escolares

O Concello de Vigo apoiará grazas ao convenio con Foanpas as actividades extraescolares dun total de 8.945 alumnos e alumnas. A iniciativa tamén inclúe as aulas matinais que utilizan outros 858 escolares.

O Concello de Vigo aportará este curso un total de 68.883 euros, a través da Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (Foanpas), para as actividades extraescolares e aulas matinais dos escolares vigueses. O convenio firmado co colectivo que agrupa a 52 ANPAs permitirá realizar 456 actividades nas que participan 8.945 nenos e nenas da cidade. Ademais, tamén haberá 29 aulas matinais con 858 escolares. Con esta achega municipal o Concello de Vigo posibilita a participación dun total de 9.803 alumnos/as en actividades.

Comentar noticia

Your email address will not be published.