O goberno local suspende baldeos e reitera a “petición firme” de consumo responsable para aforrar auga

O Concello suspendeu baldeos dando paso máis á petición de consumo responsable á cidadanía que esta mañá reiterou o alcalde de xeito máis “firme” . Ao mesmo tempo, anunciou o envío de cartas aos concellos que reciben a auga desde a esta cidade para que adopten as mesmas medidas de aforro.

A presa de Zamáns estaba onte luns ao 66,41% da súa capacidade (a semana pasada estaba no 69,55%) e o de Eiras, ao 78,94%, o que supón tres puntos menos que hai sete días -o consumo medio da cidade de Vigo no verán-. Estes datos revelan, explicou Caballero, que nestes momentos temos tres semanas de auga máis que o ano pasado e unha semana máis de consumo que o promedio da última década, “o que significa que estamos mellor”.

A pesar desta mellor situación, e dado que no se auguran choivas moi abundantes nos próximos meses, o rexedor adoptou a decisión de parar os baldeos e pediu “firmemente” consumo responsable. Neste mesmo senso, anunciou o envío de cartas aos alcaldes e alcaldesas de municipios da Área de Vigo que reciben auga desde esta cidade solicitando que adopten as mesmas medidas de consumo responsable.

En declaracións aos medios, Caballero criticou de novo a actitude do presidente da Xunta porque, mentres que o Concello xa adoptou medidas de aforro de auga, o goberno autonómico, un ano despois, nin sequera iniciou a tramitación do transvase de emerxencia para garantir o subministro de auga a Vigo e nove concellos que suman medio millón de habitantes cunha “unha situación de abastecemento de auga moi precaria”.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM