O Festival de Rock Concello de Vigo celébrase este sábado, desde as 20h, no IFEVI, coas actuacións de Sober, Ñu, O’Funkillo, Motores e Quarzum. Ao finalizar, o público contará cun autobús lanzadeira ata o centro, cuxo billete pode ser comprado con antelación, xunto coa entrada ao festival. Co código da PassVigo se bonifica o importe do bus. Trátase dunha proba piloto de cara a empregar a tarxeta cidadá para as viaxes con desconto no bus turístico no Nadal vigués.
As entradas para o Festival poden ser compradas en tenda física (Elepé en Vigo e Musical Pontevedra nesta cidade) e tamén vía web, na plataforma woutick.es, onde tamén poderás adquirir conxuntamente o teu billete para a lanzadeira de volta desde o IFEVI ata o centro. Introducindo o código da tarxeta PassVigo, o importe do bus será bonificado e descontado segundo o tipo de usuario.
O autobús urbano de volta a Vigo partirá do recinto feiral ao remate do festival co seguinte percorrido: IFEVI – Avda Aeropuerto – Jenaro de la Fuente – Choróns – Urzáiz – Policarpo Sanz – Paseo de Alfonso – Pi y Margall – López Mora – Praza de América – Avda Florida.
Segundo explicou o alcalde, trátase dunha proba piloto de cara ao Nadal, onde o Concello prevé volver a utilizar o autobús turístico, cun prezo con desconto para aqueles usuarios da tarxeta cidadá PassVigo.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.