O goberno municipal inicia o trámite de consulta pública previa para a tramitación da modificación da “Ordenanza municipal de taxi de Vigo”, logo da súa aprobación por parte da Xunta de Goberno Local.
A consulta pode facerse a través da web https://consulta.vigo.org durante un prazo de 15 días hábiles para que a cidadanía, organizacións e asociacións poidan facer chegar as súas opinións sobre a ordenanza. A previsión municipal é que a ordenanza poida ser aprobada inicialmente no pleno do mes de maio.
O alcalde avanzou que o Concello quere regular nesta ordenanza o taxi compartido ao ser “importante para Vigo”, onde hai máis de 70.000 persoas que viven en casas unifamiliares en zonas rurais polo que a posibilidade de compartir taxi supón unha vantaxe naqueles lugares aos que non chegan os autobuses. Amais, contémplanse a modificación do máximo de antigüidade do parque móbil que quedaría limitado a 10 anos.
Consulta pública instalación ascensores en fachadas
O goberno municipal mantén aberto ata o próximo 3 de abril o trámite de consulta pública da Ordenanza reguladora para a instalación de ascensores na fachada de edificios construídos de uso residencial no termo municipal de Vigo.
Co obxectivo de favorecer a accesibilidade, a Xerencia de Urbanismo regulará a instalación de ascensores en fachadas de edificios dado que a lexislación vixente permite a ocupación de superficies de espazos libres o de dominio público que resulten indispensables para a instalación de ascensores ou outros elementos cando non resulte viable técnica ni economicamente ningunha outra solución nas zonas comúns da edificación. Coia é a zona da cidade que máis demanda esta solución ao Concello, especialmente a zona da Avenida de Castelao e as rúas Marín e Bueu.
Mellora do Camiño Arrouba en Zamáns
Amais, a Xunta de Goberno Local vén de aprobar o proxecto de mellora da seguridade viaria e a humanización no Camiño Arrouba (Zamáns) cun orzamento base de licitación de 88.000 euros e un prazo estimado de execución de obras de 4 meses. Segundo explicou o rexedor, a obra inclúe o desbroce e limpeza da vexetación, a execución dun muro de 65 metros e a renovación do pavimento existente para estender unha nova capa de rodaxe.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.