“Prioridade total dos colexios, singularmente en época Covid”, sinalou o rexedor ao lembrar á cidadanía que este xoves, 10 de setembro, co inicio do curso, entra en funcionamento o plan de tráfico escolar polo que queda prohibido o estacionamento nos espazos habilitados para o transporte do alumnado nas inmediacións dos centros educativos.
Caballero advertiu aos automóbiles aparcados en zonas de tráfico dos colexios que deben deixar libres eses espazos e apuntou que os guindastres actuarán cando sexa necesario para facilitar a circulación. “Desde o día 10 pola mañá o espazo está reservado para os centros, para a entrada e saída do alumnado”, lembrou, tal e como contempla o plan de transporte, que quedara parado no mes de marzo coa suspensión das clases por mor da pandemia.
Noticias de última hora en Vigo