O goberno municipal aproba a licencia de demolición da antiga nave de Cordelerías Mar

Segundo informou este luns Abel Caballero, a Xerencia de Urbanismo validou a licencia de demolición da vella nave de Cordelerías Mar, situada na rúa Jacinto Benavente. A pasada semana xa foi aprobado o convenio entre Concello Avantspacia Inmobiliaria para destinar o ámbito a uso residencial.
Por o 08/04/2019 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
O goberno municipal aproba a licencia de demolición da antiga nave de Cordelerías Mar
Compartir en:

Segundo informou este luns Abel Caballero, a Xerencia de Urbanismo validou a licencia de demolición da vella nave de Cordelerías Mar, situada na rúa Jacinto Benavente. A pasada semana xa foi aprobado o convenio entre Concello Avantspacia Inmobiliaria para destinar o ámbito a uso residencial.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este luns de que a Xerencia Municipal de Urbanismo aprobou a licencia de demolición da antiga nave de Cordelerías Mar. “O xoves pasado firmouse a licencia de demolición do edificio e mañá comeza a derruba”, sinalou o rexedor en rolda de prensa.

“Hai que destacar primeiro o significado que ten e segundo que haberá algunha restrición de tráfico, a presenza de camións fará que teña máis densidade de tráfico. Firmada a licencia, segue o procedemento de demolición e a edificación dun espazo situado ao lado do Auditorio Mar de Vigo”, sinalou.

Caballero xa dera conta a semana pasada da aprobación do texto do convenio entre o Concello de Vigo e Avantespacia Inmobiliaria. Na zona de Jacinto Benavente e de Beiramar, a superficie do ámbito en cuestión supera os 7.000 metros cadrados, para uso tanto residencial como terciario.

O convenio compromete á promotora a presentar os proxectos para solicitar licenza no prazo dun mes desde a entrada en vigor da ordenación provisional e tamén a ceder ao Concello, libre de cargas, solo para a xeración de equipamentos e espazos de uso público.

Comentar noticia

Your email address will not be published.