O goberno municipal aproba humanizacións por valor de 1.975.000 euros

A Xunta de Goberno Local deu luz verde á contratación das obras na Avenida de Castelao, as rúas Areal, Travesía Escolas Públicas e Pazos mais a Avenida García Barbón entre Serafín Avendaño e Rosalía de Castro
Publicado por o día 15/11/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O goberno municipal aproba humanizacións por valor de 1.975.000 euros

A Xunta de Goberno Local deu luz verde á contratación das obras na Avenida de Castelao, as rúas Areal, Travesía Escolas Públicas e Pazos mais a Avenida García Barbón entre Serafín Avendaño e Rosalía de Castro.

O alcalde puxo en valor en rolda de prensa os investimentos do seu Goberno nas humanizacións que están transformando a cidade e deu a relación de obras aprobadas pola Xunta de Goberno Local.

Na sesión deste xoves deuse luz verde á contratación da humanización da Avenida Castelao, por un importe de 750.000 euros, a renovación da capa de rodaxe en Areal cun valor de 280.000 euros e a humanización da Travesía Escolas Públicas que ten un importe de 300.000 euros.

Amais, clasificáronse as ofertas para a contratación das obras de humanización da rúa Pazos, entre López Mora e Menéndez Pelayo, cun custo de 136.000 euros, e aprobouse o proxecto de humanización da Avenida García Barbón, entre Serafín Avendaño e Rosalía de Castro por un importe de 508.000 euros.