O goberno municipal censura a visibilidade da folga de bombeiros

O pasado día 21 o colectivo Vigo Sen Bombeiros procedía a poñer nos camións de bombeiros para informar á cidadanía que están en folga indefinida, cal foi a sorpresa que unha orde ordénolles quitar a información exposta ao público, o colectivo reacciono manifestando a súa desconformidade nas redes sociais poñendo en aviso o ocorrido “ordear a retirada dos carteis dos vehículos que informan ó cidadán de que Bombeiros de Vigo están en servizos mínimos” manifestaban nas redes.

No mesmo día na sala de prensa do concello foi preguntado ao alcalde sobre os bombeiros, hoxe que é mércores cúmprese unha semana da folga indefinida de bombeiros, quería saber se o goberno ten previsto algún contacto co comité de folga? a resposta á pregunta por parte do alcalde “eles son libres de convocar e nós tomar as decisións”, vólvenlle a repreguntar, van poñer algunha medida para poñer fin á folga? a resposta por parte do alcalde “eles son libres de convocar e nós de tomar as decisións”, volven preguntar, a tomado algunha decisión? e volve responder “eles son libres de convocar e nós tomar as decisións” pechando a ruelda de prensa por parte do alcalde dando as grazas.

Cabe sinalar que o colectivo Vigo Sen Bombeiros estan en folga segundo explican pola falta de persoal e como consecuencia da aplicación dun decreto municipal “que pon en risco a saúde e seguridade dos bombeiros/as” ao vulnerar a directiva europea de tempos de descanso e de traballadores/as sometidos/as a riscos e tensión especiais.

O 14 de agosto denuciaron estes feitos diante da inspección de traballo para que esta tome cartass no asunto e poñer de manifesto a “precariedade e explotación” que padecen.

Ademais, incumpre a normativa de prevención de riscos laborais, de conciliación laboral e familiar e da Seguridade Social. “Pero máis grave aínda é a situación dos bombeiros/as en prácticas, que realizan funcións de bombeiros/as sen ter asinado como funcionarios/as de carreira”.

Neste senso, coa denunciaron axuntado unha copia de resolución da Inspección de Murcia na que ordenou paralizar as saídas do persoal en prácticas -que se atopaba nunha situación similar ao de Vigo- ante o risco para a súa saúde e a dos seus compañeiros/as.

Unha cidade perigosa

Ao mesmo tempo que presentaron a denuncia contra o Concello de Vigo pola aplicación do decreto que os obriga a realizar excesos de xornadas, tamén achegaron denuncias individuais de bombeiros/as que se atopan de baixa nas que se sinala que son consecuencia da carga de traballo que padecen.

Até punto de que recentemente se superou o “récord” de horas semanais realizadas por unha persoa no servizo: 120, xa que en sete gardas de 24 horas unicamente descansou dous días. “Están a xogar coas nosas vidas e coas da cidadanía e non o podemos permitir, por iso dicimos que Vigo sen bombeiros/as non é segura: é unha cidade fermosa pero moi perigosa”, rematan.

 

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM