O goberno municipal cuadriplica as axudas de emerxencia durante a pandemia cun importe de 1,2 millóns de euros

O alcalde informou este luns en rolda de prensa que, dende o inicio da crise sanitaria, o Concello concedeu 10.000 axudas de emerxencia á cidadanía que o precisa para adquirir alimentos ou medicinas.
Publicado por o día 10/08/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O goberno municipal cuadriplica as axudas de emerxencia durante a pandemia cun importe de 1,2 millóns de euros

O alcalde informou este luns en rolda de prensa que, dende o inicio da crise sanitaria, o Concello concedeu 10.000 axudas de emerxencia á cidadanía que o precisa para adquirir alimentos ou medicinas.

O importe total das axudas concedidas polo goberno municipal, durante os primeiros cinco meses da pandemia, a 1,2 millóns de euros, tal e como expuxo Caballero, que comparou a evolución deste ano respecto a 2019 apuntando que, entre os meses de marzo e xullo, multiplicáronse por catro as axudas respecto ao mesmo período do ano anterior. No mes de xullo de 2019 o importe das axudas concedidas era de 282.000 euros e neste 2020 ascende a 1,2 millóns de euros.

Para o rexedor, este incremente “significa que este ano teremos que multiplicar por catro o nivel de asistencia e atención social na cidade e imos facelo”. En Vigo, engadiu “non hai límite orzamentario para as políticas sociais”.

Dende o comezo da crise sanitaria provocada polo Covid-19, o goberno municipal concedeu 10.000 axudas de emerxencia.

Comentar noticia

Your email address will not be published.