O goberno municipal de O Porriño acusa ó PP de pretender bloquear o Concello

Publicado por o día 28/08/2019 na sección de Galicia,O Porriño

O goberno municipal de O Porriño acusa ó PP de pretender bloquear o Concello

A Alcaldía de Porriño ordenou a desconvocatoria do pleno da Corporación Local que ía celebrarse ás 18 horas. Tratabase dunha sesión ordinaria cuia orde do día era básicamente a mesma do pleno que ía celebrarse o pasado 30 de xullo e que tamén houbo que desconvocar.

A razón da desconvocatoria de hoxe é que rachou o acordo que tiñan acadado a alcaldesa Eva García e o voceiro do PP, Alejandro Lorenzo. Segundo ese acordo do que informábamos hai uns días, Lorenzo retiraría a petición doutro pleno extraordinario coa mesma orde do día do ordinario de mañá.

O Goberno Municipal critica que o PP “retorza a interpretación da Lei de Bases de Réxime Local nunha xogarreta que busca o bloqueo institucional e económico do Concello de Porriño”.
O PP prantexou un pleno extra cos mesmos asuntos que ían debatirse esta tarde. “Pero o que pretende realmente o PP é bloquear a gobernanza do Concello retardando, entre outras cousas, o pago a proveedores e a aprobación das dedicacións e reparto de competencias para que remate de formarse o goberno municipal de coalición”, valorou a alcaldesa Eva García.

En consecuencia, a sesión extra solicitada polo PP xa está convocada para o mércores 4 de setembro, ás 12 horas. O Goberno Municipal “non vai consentir máis retrasos nos pagos a proveedores de xeito que xa anunciamos que no vindeiro pleno a maioría da Corporación vai frear as obstruccións do PP e imos a aprobar as modificacións de créditos que posibilitarán o pago de perto de 3 millóns de euros a unha chea de proveedores”, rematou a alcaldesa Eva García.