O goberno municipal dedica 250.000 euros ao mantemento de instalacións deportivas

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar tamén a subvención de 20.000 euros anuais á Fundación Amigos dos Maiores para accións de acompañamento e a axuda de 24.500 euros para a ludoteca inclusiva de APAMP.

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar tamén a subvención de 20.000 euros anuais á Fundación Amigos dos Maiores para accións de acompañamento e a axuda de 24.500 euros para a ludoteca inclusiva de APAMP.

Abel Caballero informou este xoves de varios acordos tomados na Xunta de Goberno Local como a subvención nominativa mediante un convenio de colaboración coa Fundación Amigos dos Maiores para o desenvolvemento do seu programa de acompañamento efectivo a persoas maiores en Vigo, cunha dedicación de 20.000 euros anuais durante tres anos.

O programa permite que os maiores reciben visitas, tanto na súa casa como en residencias, para “romper a súa soidade” e está pensado tamén para persoas con dificultades físicas ou psíquicas. Caballero referiuse ao “problema da soidade de xente maior” que o Concello atende, por exemplo, cos coidadores de barrio, programa ao que destina 500.000 euros e que permite o acompañamento de persoas que o precisan.

Amais, quedou aprobado o proxecto de convenio de colaboración coa Asociación de familias con persoas con parálise cerebral (APAM) para o desenvolvemento dun programa de dinamización infantil e xuvenil concretado nunha ludoteca inclusiva durante o ano 2019 cun investimento de 24.500 euros.

Deporte e educación

A Xunta de Goberno Local deu luz verde á clasificación de ofertas para a subministración de materiais para mantementos e conservación a realizar en instalacións deportivas por un importe de 250.000 euros.

No ámbito educativo, quedou aprobado o expediente de contratación do mantemento preventivo, correctivo e regulamentario dos ascensores dos colexios públicos, escolas infantís e outros edificios dependentes do Servizo de Educación do Concello por un importe de 73.000 euros.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM