O goberno municipal destina 225.000 euros á limpeza dos montes de forma subsidiaria

O alcalde censura que a normativa da Xunta de Galicia en materia de protección e defensa contra os incendios forestais descargue a responsabilidade da limpeza nos municipios cando os propietarios non cumpren a súa obriga.
Publicado por o día 15/12/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O goberno municipal destina 225.000 euros á limpeza dos montes de forma subsidiaria

Abel Caballero apuntou que en Vigo hai arredor de 34.083 parcelas privadas que teñen que ser rozadas, segundo a Lei da Xunta de Galicia, ao atopárense no ámbito da rede de faixas secundarias. Con ese fin, o goberno municipal ten en proceso de adxudicación un contrato de 225.000 euros para acometer a limpeza, un contrato que se suma ao que está en vigor nestes momentos.

“Contratamos unha empresa para levar adiante este proceso”, sinalou Caballero, porque a Xunta “pasa esta responsabilidade sen achegar recursos” aos concellos polo que, cando os propietarios non limpan as súas parcelas é o Concello quen asume a obriga de forma subsidiaria.

Segundo expuxo, das 34.083 parcelas incluídas nesta rede de faixas secundarias, máis de 31.000 son rústicas e máis de 2.000, urbanas. Destas, 11.580 cumpriron coa limpeza ordinaria e xa están rozadas. O resto dos propietarios de 22.503 parcelas foron informados da súa obriga de mantelas limpas: 11.597 notificados por vía postal e 10.906 a través do BOE e do DOG.

Comentar noticia

Your email address will not be published.