Abel Caballero explicou que o servizo busca potenciar a conciliación e o acceso ao mercado laboral das nais, especialmente das máis vulnerables evitando que ter fillos ao seu cargo dificulte ou impida a súa independencia económica.
Durante o ano pasado o SADI- Canguros, que ofrece o coidado temporal dos menores que queden sós mentres os seus responsables acceden a outros recursos, beneficiou a 170 persoas e realizou 3.800 servizos. Conta con 25 coidadoras infantís, polo que xera emprego e permite unha “atención moi importante a mulleres que precisan desta axuda”.
Noticias de última hora en Vigo