O goberno municipal entrega a domicilio unha media de 585 comidas diarias

Os menús, elaborados polas relixiosas do Fogar San Xosé, polas Misioneiras do Silencio e polo albergue municipal, están destinados ás persoas que o necesitan. O alcalde trasladou tamén a queixa de cidadáns que din que algunhas entidades financeiras tentan venderlles produtos ao solicitaren as axudas do ICO.
Publicado por o día 06/04/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O goberno municipal entrega a domicilio unha media de 585 comidas diarias

O rexedor detallou este luns a “intensa” actividade que se está desenvolvendo na cidade para proporcionar comida a aquelas persoas que o precisan. Deste hoxe está funcionando o servizo de catering contratado polo Concello para complementar os menús que xa viñan elaborando o albergue – unha media de 120 comidas diarias para os seus usuarios e para os aloxados no pavillón do Berbés- e as relixiosas do Fogar San Xosé e as Misioneiras do Silencio, que elaboraban 285 comidas de media cada día. O Concello recolle esas comidas preparadas e embaladas e entrégaas nos domicilios con furgonetas.

Con todo, o goberno municipal comprobou que estas comidas era insuficientes ao quedaren unha media de 100 persoas sen comida cada día, polo que contratou unha empresa de catering que, dende este luns, prepara 100 comidas ao día. Así, o Concello reparte diariamente unha media de 582 comidas preparadas polo albergue municipal, o Fogar San Xosé e as Misioneiras do Silencio.

O rexedor explicou que, dada a situación de alarma sanitaria “non queremos que haxa colas nin aglomeracións de persoas nos comedores sociais, por iso levamos a comida á casa”.

Axudas do ICO

Ademais, Caballero apuntou que está recibindo queixas de persoas ás que algunhas entidades financeiras, ao solicitaren os créditos do ICO para dar liquidez ás súas empresas, fanlles ofertas de seguros de vida ou paquetes de servizos polo que pediu ás institucións financeiras “que dean o máximo de facilidades que, é a súa obriga e tal e como están facendo a maioría delas”. Ademais, dirixiuse a quen vaia solicitar estas axudas ou información sobre os recursos do ICO para que rexeiten a proposta no caso de que as entidades condicionen a concesión do crédito a algún outro produto ou servizo do banco “as axudas son para que pemes e autónomos soporten este período máis duro”, sentenciou.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.