O goberno municipal exime do pago de 243.000 euros a 14 entidades polo uso de instalacións deportivas

Abel Caballero asinou este mediodía os convenios de colaboración con entidades educativas, deportivas e sociais viguesas que poderán usar de xeito gratuíto as instalacións deportivas municipais para as súas actividades.
Por o 20/11/2018 | Sección: Concello de Vigo,Deportes,Galicia,Vigo
O goberno municipal exime do pago de 243.000 euros a 14 entidades polo uso de instalacións deportivas

Son 14 as entidades viguesas que se beneficiarán do acordo co goberno municipal que lles permitirá empregar as instalacións deportivas sen ter que aboar o pago correspondente. O rexedor asinou este martes os convenios de colaboración para apoialas na realización de actividades deportivas en diferentes instalacións deportivas municipais. A exención de pago das taxas suma 243.000 euros.

As axudas quedan asignadas como segue: a Agrupación deportiva Vigo está exenta de aboar 99.000 euros, a Asociación Alborada 1.200 euros, a Asociación Galega San Francisco 3.000 euros, o CEIP Altamar 15.000 euros, a Asociación Down Vigo 1.600 euros, a Federación Galega de Taekwondo 803 euros, a Federación Galega de Tenis 86.000 euros, a Fundación Igualarte 243 euros, o IES A Guía 11.000 euros, o IES Santa Irene 12.000 euros, o IES Santo Tomé de Freixeiro 8.000 euros, o IES de Teis 8.500 euros, o Centro de Educación Especial Menela 1.600 euros e a Agrupación Deportiva Tamiar-APAMP 365 euros.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.