O goberno municipal investirá 750.000 euros na humanización da rúa Colombia

A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto de humanización da fase II da rúa Colombia, que se realizará con cargo a remanentes, cun importe de licitación de 750.000 euros e un prazo de execución de 6 meses.

O alcalde detallou que a humanización da rúa Colombia inclúe a creación dunha praza na confluencia coa rúa San Roque, a mellora da xardinería, do mobiliario urbano e da eficiencia lumínica, a instalación dunha nova rede de rego, a substitución da rede de saneamento executando unha nova rede de pluviais e a renovación dos firmes creando zonas de aparcamento onde o permitan as dimensións da rúa. Será a continuación da humanización desta vía na que o Concello investiu case medio millón de euros na primeira fase.

A previsión municipal é poder licitar a obra no mes de febreiro, polo que os traballos poderían iniciarse antes do verán.

Abel Caballero destacou as actuacións do seu goberno nesta zona da cidade que supoñen un investimento de máis de 7 millóns de euros: a instalación do ascensor San Salvador (615.000?; as escaleiras, parque e ascensor de Pizarro, a propia humanización de Pizarro (máis de 2 millóns de euros), o carril bici, as melloras no Barrio de Ribadavia (rúas Ribadavia, Forno e Calazas, 450.000 euros), as rúas Esperanto, Cordoeira e Couto Piñeiro (600.000 euros) e as humanizacións de Santo Domingo, Condesa Casa Bárcena e San Salvador por valor de 1,3 millóns de euros.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM