O goberno municipal investiu case 2 millóns nas cubertas de sete patios de centros escolares da cidade

Abel Caballero informou este xoves en rolda de prensa das novas peticións chegadas ao Concello para a construción de cubertas para sete colexios de Vigo. O rexedor sinalou que está en marcha actualmente un investimento de case dous millóns e reclamou á Xunta que asuma as súas competencias para solucionar os problemas nos centros escolares
Publicado por o día 08/11/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O goberno municipal investiu case 2 millóns nas cubertas de sete patios de centros escolares da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, sinalou este xoves na súa comparecencia ante os medios de comunicación que o Concello de Vigo investiu case dous millóns de euros na construción de sete patios cubertos en centros escolares da cidade. O rexedor avanzou que existen outras trece peticións e recalcou que a competencia en materia educativa é da Xunta de Galicia.

“Non cubrir os patios significa que os nenos non fan recreo, quédanse nos corredores e nas aulas, o que provoca unha tensión elevadísima que xa denuncian profesores, pedagogos e expertos en educación”, sinalou Caballero tras explicar os investimentos municipios levados a cabo en esta materia nos últimos anos.

Os centros educativos Castelao, Carballal e Rocío xa está rematados, mentres que actualmente xa está en licitación o de Canicouva e en tramitación os de Balaídos, Pintor Laxeiro e García Barbón.

As peticións, segundo explicou o alcalde, chegaron desde os centros escolares de Javier Sensat, Celso Emilio Ferreiro, Seis do Nadal, Vilalaura, Mestres Goldar, Otero Pedraio, Josefa Alonso, Doblada, Valle-Inclán, Frián-Teis, Fontescura e Saladino Cortizo.

O alcalde explicou tamén que o Concello recibiu tamén peticións do Instituto Santa Irene para a reforma do valado perimetral. “O abandono por parte da Xunta de toda a educación infantil, Primaria, ESO e FP é total, recibimos demandas de todos os ámbitos para atender competencias que non son do Concello”, apuntou.