O goberno municipal inviste 300.000 euros en Samil de cara ao verán

O alcalde informou da instalación de 450 metros de varanda de aceiro inoxidable no paseo onde se acometen obras de mellora no pavimento, a reforma dos baños e a salinización das piscinas de Samil. Amais, destacou o labor das dez brigadas de limpeza do rural con 34 persoas con atención permanente.
Publicado por o día 05/01/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O goberno municipal inviste 300.000 euros en Samil de cara ao verán

O Concello está traballando en varios puntos para ter preparada a contorna de Samil para a temporada de verán. Así vanse instalar 450 metros lineais de varanda de aceiro inoxidable no paseo cun orzamento de 121.000 euros cos que se cubrirá un terzo da praia, fundamentalmente nas zonas con maior desnivel, por razóns de seguridade pero tamén de estética e que permitirá facer o paseo con ese apoio.

O goberno local traballa tamén no arranxo do pavimento do paseo da praia, no que xa se ten completada a metade da superficie que estaba danada e algo deteriorada, nunha obra que ten un presuposto de case 20.000 euros. Está rematada xa a reforma dos catro baños públicos da praia cun investimento de 43.000 euros e o Concello cambiará a auga de todas as piscinas de Samil, que eran de auga clorada e pasarán a ser de auga salgada.

Abel Caballero destacou o investimento de 300.000 euros na contorna de Samil para ter a praia “preparada para o verán, abordando a mellora de toda a zona”, do paseo e das piscinas que son de uso gratuíto, tendo seguridade e servizo de socorrismo, “a única praia que coñezo ao carón do mar” que é de uso libre para a cidadanía.

Atención ao rural 

O rexedor deu conta do traballo que desempeñan as brigadas municipais de forma continuada no rural. “Temos nestes momentos dez brigadas que prestan servizo permanente ás parroquias viguesas, con 34 persoas con atención continuada ás necesidades”, unha cifra, sinalou que aumenta na temporada de verán para dar servizo tamén ás praias. Explicou que este era un servizo moi demandado na cidade e que non existía cando chegou á Alcaldía, polo que poñelo en marcha permitiu a creación de 34 empregos.

Os operarios traballan durante todo o ano en Sárdoma – Castrelos, Teis, Candeán, San Xoán do Monte, Cabral, Lavadores, Sampaio, Beade, Valadares, Zamáns, Matamá, Alcabre, Navia , Coia, Oia, Saiáns, Comesaña, Coruxo, nas praias, no Vial do Cuvi, na Avenida do Aeroporto ou a estrada vella de Madrid.

Una respuesta para "O goberno municipal inviste 300.000 euros en Samil de cara ao verán"

  1. José Alonso   06/01/2019 at 21:59

    Para cuándo le toca arreglar los baños del Castro están que dan asco,es una pena que no vaya Sanidad,si llega ir los cierra

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.