O goberno municipal programa concertos e actuacións por toda a cidade durante o Nadal

O alcalde de Vigo avanzou este mércores as actuacións programadas polo Concello por toda a cidade durante o Nadal. Abel Caballero sinalou que será editada unha guía para non perderse ningún dos atractivos das festas en Vigo.
Publicado por o día 22/11/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O goberno municipal programa concertos e actuacións por toda a cidade durante o Nadal

Abel Caballero avanzou este xoves todas as actividades que o Concello de Vigo xa ten preparadas durante as festas de Nadal. O alcalde indicou que serán editadas “decenas de miles” de guías para que tanto os cidadáns como os visitantes poidan percorrer a cidade sen perderse ningún dos moitos atractivos das festas.

Antes de detallar toda a programación do Nadal, o rexedor reiterou que as previsións meteorolóxicas son malas, aínda que haberá que esperar ata o último momento para saber se se pode celebrar o sábado (previsto para as 19:30 horas) o acendido do alumeado.

“Aquí agardamos con toda nosa amabilidade aos miles de visitantes que chegarán desde toda España, estará a todo o punto”, indicou o alcalde durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación.

Música, actuacións, rondallas… Caballero debullou toda o programa deseñado polo Concello de Vigo desde este 24 de novembro ata o vindeiro mes de xaneiro. Así, destacou que o bus turístico realizará percorridos por toda cidade, pasando polos puntos significativos do alumeado, con prezos habituais de transporte urbano e rutas dunha hora de duración.

O alcalde tamén fixo especial mención ao Belén de Nadal que será instalado na Casa das Artes. “É un Belén con figuras venecianas, dunha calidade artística excepcional”, engadiu. O resto de actividades e instalacións do Nadal en Vigo son as seguintes:

Tren de Nadal: inauguración o sábado 24 de noviembre, ás 20:00 horas, na Praza do Progreso.
Tío Vivo: abre o domingo 25 de novembro ás 17:00 horas en Porta do Sol.
A Laxe: acendido da iluminación do Centro Comercial A Laxe o domingo 25 de novembro ás 18:00 horas.
Zona de Neve (pista de xeo): abre o domingo ás 19:00 horas na explanada do Náutico e nos días seguintes instalación da rampla de neve.
Belén de Nadal: inauguración mércores 28 de novembro (18:00 h.) na Casa das Artes.
Poboado do Nadal: apertura o venres 30 de novembro (18:00 h.) na Casa Galega da Cultura.
Casa Papá Noel: desde o sábado 1 de decembro (18:30 horas) na rúa do Príncipe
Panxoliñas: desde o 9 ao 21 de decembro en Pórta do Sol
Mercadiños: na rúa Londres o luns 10 de decembro (18:00 horas) e no Calvario o mércores 19 de decembro (18:00 horas)
Concerto Sacro: venres 21 de decembro na Concatedral (20:30 horas)
Café Solidario: sábado 22 de decembro en Porta do Sol (16:00 horas)
Rondallas: sábado 22 de decembro entre Gran Vía e Porta do Sol (18:00 horas)
Flashmob: domingo 23 de decembro en Porta do sol (19:00 horas)
Concerto MITIC: Venres 28 de decembro no Teatro García Barbón (20:00 horas)
Carteiro Real: Mércores 26 de decembro no Príncipe (18:30 horas)
Banda de Gaitas Xarabal: sábado 29 de decembro entre Gran Vía e Porta do Sol (18:00 horas)
Festa Fin de Ano: luns 31 de decembro na Praza de América (23:30 horas)
Cabalgata de Reis: sábado 5 de xaneiro entre Isaac Peral e Paseo de Alfonso (18:00 horas)