O goberno municipal retoma as visitas ao xacemento do Castro e a vila romana de Toralla

Deste esta semana, tanto os turistas como as persoas residentes na cidade poderán visitar os dous xacementos arqueolóxicos de Vigo, en horarios de mañá e tarde. As reservas para participar nesta actividade poden facerse a través do teléfono 010.

O alcalde informou da recuperación da actividade turística e divulgativa no xacemento arqueolóxico do Castro, onde o poboado conta con tres edificacións castrexas reconstruídas para coñecer a forma de vida de hai 2.000 millóns de anos. As visitas guiadas están programadas para os martes, mércores, xoves e venres de 11 da mañá a 13 horas do mediodía e os sábados das 17 ás 19 horas do serán.

As visitas guiadas á Vila Romana de Toralla e ao Centro de interpretación do mundo romano poderán realizarse os xoves e venres entre as 17 e as 19 horas da tarde e os sábados e domingos, entre as 11:30 horas da mañá e as 13:30 horas do mediodía.

As persoas interesadas en realizar as visitas guiadas poden reservar a súa praza previamente no teléfono de información municipal 010.

 

Noticias de última hora en Vigo

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario