“O Goberno non cumpriu coas maiorías sociais”

Publicado por o día 28/02/2019 na sección de En Marea,Política

“O Goberno non cumpriu coas maiorías sociais”

. O deputado de En Marea, Antón Gómez-Reino, interpelou este mércores ao Goberno no pleno do Congreso para preguntarlle polos seus compromisos incumpridos con Galicia e coas maiorías sociais.

“A cidadanía progresista sabía que non se podía confiar no PSOE. Trémelles o pulso cando hai que enfrontarse aos poderosos”, afirmou Gómez-Reino, recalcando que desde En Marea “fixemos o noso traballo, pero o Goberno non fixo o seu en relación a Galicia”.

O deputado resaltou que noso traballo está probado no número de iniciativas, sendo o grupo máis activo para Galicia, pero o Goberno “non puxo en marca as aprobadas”.

“Entre outras cousas destacamos a rexeneración das rías; a condonación da débeda do Porto da Coruña, o apoio ao sector lácteo, pesqueiro e naval; rematar cos lumes; apoiar o tren de cercanías ou a recuperación do Pazo de Meirás”, explicou o deputado, que denunciou ao Goberno que “foron un magnífico gabinete de campaña, mais non quixeron ser Goberno”.

Gómez-Reino tamén destacou que, “cando máis de seis millóns de persoas sofren pobreza enerxética, nin o Goberno do PP nin o do PSOE baixan o prezo da luz, as que mandan son as eléctricas” e “cando 5 millóns de pensionistas están na exclusión social, vostedes renuncian a actualizar as pensións ao IPC por Lei e negan a derogación da reforma laboral do PP, porque manda no Goberno a patronal”.

Ante isto, o deputado rematou insistindo en que “a partir do 29 de abril, nós somos a garantía de pasar das palabras aos feitos”.

Pola súa banda, a ministra de Facenda, María Jesús Montero, recordou que mantuvo varias xuntanzas con En Marea “para que durante a tramitación parlamentaria algunhas das inversións para Galicia se podían estudar, dialogar e acordar”.