O goberno pide respecto pola investigación xudicial do Marisquiño e amosa o seu apoio aos afectados

O voceiro do grupo municipal socialista, Carlos López Font, defendeu este mércores no Pleno extraordinario o respecto do goberno local pola investigación xudicial en marcha sobre o accidente do Marisquiño. Ademais, enviou unha mensaxe de apoio a todos os afectados.
Publicado por o día 05/09/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O goberno pide respecto pola investigación xudicial do Marisquiño e amosa o seu apoio aos afectados

O Pleno extraordinario sobre o accidente do Marisquiño celebrouse este mércores no Concello de Vigo no formato solicitado polo grupo municipal do Partido Popular. Durante o debate, o voceiro socialista, Carlos López Font, tivo unha lembranza de parte do goberno local para os afectados e pediu respecto pola investigación que leva a cabo o Xulgado de Instrución número 3 de Vigo.

“A zona do accidente non é un paseo, é un peirao, o di o Plan de Usos do Porto de Vigo, onde especifica que se trata dunha zona portuaria náutico-deportiva”, sinalou Font antes de defender a actuación dos organizadores do evento e de sinalar que o alcalde “estivo desde o minuto un in situ, ao mesmo tempo que se producía a ausencia intolerable de Feijóo”.

Pola súa banda, a voceira do grupo municipal do PP, Elena Muñoz, indicou que “o accidente no se tería producido” si Abel Caballero non fora alcalde. Pola súa banda, Rubén Pérez, de Marea de Vigo, pediu que non houbera límites de tempo para intervir no pleno e explicou que o accidente “puido ocorrer noutro porto posto que no están ben definidas as competencias de concellos e autoridades portuarias”.

A moción do PP non foi aprobada ao recibir os votos en contra do PSOE e a abstención de Marea de Vigo.