O Goberno suspende a reunión coa Plataforma contraria á ampliación da EDAR e a traslada a outra data

Lembra que tanto o Goberno como a Corporación son contrarios á ampliación na súa actual situación
Por o 10/10/2018 | Sección: Galicia,Pontevedra
O Goberno suspende a reunión coa Plataforma contraria á ampliación da EDAR e a traslada a outra data

O Goberno Local suspendeu esta mañá o encontro que tiña previsto coa Plataforma de afectados pola ampliación da EDAR de Praceres, logo de recibir unha mensaxe na noite de onte por parte de representantes deste colectivo, que advertían que non poderían asistir. O concelleiro delegado da parroquia de Lourizán, Demetrio Gómez, explicou esta mañá que tratarán de pechar axendas por ambas partes, para propiciar unha reunión en breve.

No encontro previsto para esta mañá, o portavoz do Goberno, Raimundo González, e o delegado da parroquia de Lourizán, Demetrio Gómez, ían trasladar aos veciños a postura oficial da Corporación, aprobada esta mesma semana no Pleno Municipal, contraria á ampliación da depuradora na súa actual situación.

O Goberno Local recorda as palabras do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, quen asegurou que os veciños de Lourizán teñen toda a razón ao opoñerse á ampliación da EDAR en Praceres, xa que capacidade da depuradora é suficiente para acoller as augas residuais dos veciños de Pontevedra, aínda que haxa que actualizar os seus procesos de depuración.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.