O goberno vigués lamenta que a Xunta de Galicia non poña no Consorcio do Casco Vello os cinco millóns de euros reclamados

Publicado por o día 17/09/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O goberno vigués lamenta que a Xunta de Galicia non poña no Consorcio do Casco Vello os cinco millóns de euros reclamados

Desde o goberno de Vigo ven a manifestar que lamentan que a Xunta de Galicia non poña no Consorcio do Casco Vello os cinco millóns de euros reclamados polo Concello para impulsar a rehabilitación do casco histórico, e lamentan que o Consorcio non buscara solucións para o aparcamento dos veciños en todos estes anos, desde que o preside o Partido Popular.

No que compete ao Consorcio, a rehabilitación do Casco Vello é lenta, interminable e sen creación de ningunha praza de estacionamento para os residentes, din desde o goberno vigués. A señora Porro veu a Vigo a facer política partidaria e ata o de agora todo o que fixo foi “obstaculizar”, non deu impulso algún ao Consorcio, ao contrario, vai máis lenta que co delegado anterior, manifestan. O cambio foi a peor, rematan desde o Concello de Vigo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.