O goberno vigués ultima cos sindicatos o sistema de designación de 75 altos cargos por concurso

Segundo explicou hoxe mércores Abel Caballero, o proceso iniciado en 2016 culminou coa elaboración do Plan de Ordenación de Recursos Humanos, en negociación coa representación sindical. O texto contempla a elección de oito xefes de área por “libre designación por concurso, con publicidade e motivación” e de 75 xefaturas de servizo e postos A1 e A2, por concurso público interno.
Publicado por o día 14/11/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O goberno vigués ultima cos sindicatos o sistema de designación de 75 altos cargos por concurso

En acordo cos sindicatos, o goberno de Vigo iniciara en 2016 o análise da Relación de Postos de Traballo do Concello, que culminou na elaboración do Plan de Ordenación de Recursos Humanos, en xullo deste ano, agora en fase de negociación coa representación sindical.

O citado plan, avanzado hoxe polo alcalde, establece o concurso público interno como sistema de provisión de 75 postos de altos cargos, dos que 44 corresponden a A1 e A2 e outros 31, a xefaturas de servizo. Oito xefaturas de área serán cubertas “por libre designación por concurso, publicidade e motivación”, citou Abel Caballero.

O alcalde anunciou a elaboración do plan logo de recibir unha sentencia que anula as bases e convocatoria de catro xefaturas de servizo, unha resolución que non produce cambios a nivel práctico posto que o goberno de Vigo paralizou o proceso de designación destes postos, segundo revelou hoxe Caballero, para ter garantías legais.

A provisión de altos cargos por libre designación estableceuse no 2005, no goberno anterior á chegada de Abel Caballero á Alcaldía, segundo el mesmo anotou en rolda de prensa, pero o Concello paralizou, por cautela, o proceso de nomeamento destas catro xefaturas de servizo, co que a sentenza non conleva “ningún cambio” na práctica.