O goberno vigués validou a clasificación das ofertas presentadas -antiga adxudicación provisional- para a ampliación do parque infantil de Maruja Mallo

Por o 21/02/2019 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
O goberno vigués validou a clasificación das ofertas presentadas -antiga adxudicación provisional- para a ampliación do parque infantil de Maruja Mallo

O goberno vigués tamén validou este xoves a clasificación das ofertas presentadas -antiga adxudicación provisional- para acometer a ampliación do parque infantil de Maruja Mallo, un “novo macro parque infantil”, en verbas de Caballero, que dispón dun orzamento de 400.000 euros. O novo recinto contará cunha zona común e espazos diferenciados para nenos de menos e de máis de 5 anos, con pentacolumpios, cama elástica, un megacarrusel e tirolina, entre outros elementos.

En segundo lugar, o Concello adxudicou os traballos de humanización dunha nova fase de García Barbón, desta volta na marxe impar do tramo comprendido entre as rúas Serafín Avendaño e a confluencia con Rosalía de Castro. O goberno presidido por Caballero prevé investir case que 400.000 euros nesta remodelación.

Por último, foi aprobada a transferencia dos fondos que o Concello achega ao Museo de Arte Contemporánea de Vigo, un total de 605.000 euros que representa o 75% do orzamento do MARCO para o presente ano.

Comentar noticia

Your email address will not be published.