O goberno vigués validou o proxecto básico e de execución para a renovación do céspede e instalacións do campo de fútbol da Guía

Publicado por o día 06/02/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O goberno vigués validou o proxecto básico e de execución para a renovación do céspede e instalacións do campo de fútbol da Guía

Na sesión deste xoves, o goberno vigués validou o proxecto básico e de execución para a renovación do céspede artificial e as instalacións do campo de fútbol da Guía, cun orzamento de 341.000 euros e un prazo de execución de dous meses.

Caballero salientou que a mellora prevista forma parte do acordo rubricado coa Deputación de Pontevedra, dez millóns de euros en virtude dos cales ambas institucións actuaron en 16 campos de fútbol da cidade, “o maior investimento en fútbol base da historia”.

O campo da Guía verá cambiada a base do terreo de xogo e o propio céspede artificial. O Concello tamén instalará alumeado enerxeticamente eficiente e unha caldeira de biomasa para auga quente.