O gromo de Covid-19 detectado no pasado mes de xaneiro no Hospital do Meixoeiro está xa controlado e en fase de remisión. Esta é a conclusión do servizo de Medicina Preventiva tras o estudo epidemiolóxico do segundo cribado realizado no hospital nos últimos días.
O resultado final do gromo do Meixoeiro se salda con 86 persoas contaxiadas, 45 pacientes e 41 profesionais. A maior parte deles xa están curados e no momento actual permanecen 26 pacientes activos coa enfermidade.
Variante británica
Hai que subliñar que o servizo de Microbioloxía detectou a presenza da variante británica nos 6 pacientes positivos secuenciados.
O alto nivel de transmisibilidade do virus fixo sospeitar ao servizos de Medicina Preventiva e Microbioloxía que puidera tratarse da variante británica. Así, decidiuse realizar a secuenciación completa do virus dunha mostra de casos positivos– análises xenética completa do virus a través dunha técnica de elevado nivel de especialización e sofisticación-. Nos 6 casos secuenciados confirmouse esta variante. A británica presenta unha maior capacidade de contaxio, pero a día de hoxe non está demostrado que sexa mais virulenta.
Aínda que, segundo explican os especialistas, o máis probable é que todos os casos correspondan á variante británica, vaise facer un cribado xeral de positivos a través dunha PCR específica para detectar as posibles variantes, e concretar así se tratouse dun único brote -hai veces que nun mesmo brote poden identificarse varias variantes en circulación- ou puidera deberse a máis de un gromo.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.