O Grove enche tres autobuses para acudir á manifestación contra Mina de Touro este domingo

O Concello do Grove e a Confraría puxeron transporte a disposición das persoas interesadas en asistir á manifestación en Santiago.
Publicado por o día 08/06/2018 na sección de Galicia,O Grove

O Grove enche tres autobuses para acudir á manifestación contra Mina de Touro este domingo

O Concello do Grove ten habilitado un autobús, ao que se suman outros dous postos pola Confraría de Pescadores de San Martiño do Grove, para acudir este domingo a Manifestación convocada pola Plataforma veciñal “Mina de Touro – O Pino Non” contra o proxecto de mina nese emprazamento.

A protesta terá lugar na cidade de Santiago de Compostela este domingo, 10 de xuño, ás 12.00 horas, sendo o punto de encontro a Alameda.

A preocupación existente no Grove con respecto á Mina queda patente na rapidez coa que se completaron os tres autobuses.

Os puntos de saída dos autobuses serán Amegrove e o Porto do Grove, de onde sairán as 9.30 horas.

Dende o Concello do Grove tense manifestado o total apoio a esta loita. O pasado 26 de febreiro foi o propio Patrón Maior da Confraría do Grove quen presentou ante o pleno unha moción en contra da mina, moción que foi aprobada por unanimidade de todos os grupos. O Alcalde do Grove e membros do Goberno trasladaranse o domingo a Santiago en apoio a esta manifestación e en contra da mina.