O grupo Amaral actuará no Auditorio de Castrelos o 25 de xullo

Abel Caballero fixo este luns o segundo dos anuncios para as festas de verán de 2020 no Auditorio ao Aire Libre de Castrelos. O grupo Amaral actuará o vindeiro 25 de xullo dentro da súa xira “Salto al color”. O alcalde lembrou que xa está confirmada a actuación do músico inglés Sting o 1 de agosto.
Publicado por o día 17/02/2020 na sección de Eventos

O grupo Amaral actuará no Auditorio de Castrelos o 25 de xullo

O grupo Amaral actuará no Auditorio ao Aire Libre de Castrelos o vindeiro 25 de xullo (23:00 horas) dentro da programación Vigo en Festas. Así o anunciou o alcalde, Abel Caballero, este luns durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación. “Teremos un Día de Galicia cun concerto excepcional e gratuíto en Castrelos”, afirmou.

Trátase da segunda confirmación para as festas viguesas de verán logo de que se confirmase a actuación de Sting para o vindeiro 1 de agosto. No caso de Amaral trae a Vigo su gira Salto al Color na que reunirá as cancións máis recoñecidas e queridas da banda xunto con os seus novos traballos.

O novo disco abre co tema “Ondas do Mar de Vigo”, a cantiga de Martín Códax, cantada en galego antigo e coa colaboración de Carlos Núñez. Os dous vídeos foron gravados en Galicia (o primeiro en Vigo, coas illas Cíes como fondo, e o segundo na Ribeira Sacra). É a primeira vez que Amaral inclúe nun disco unha canción nun idioma distinto ao castelán.

Eva Amaral e Juan Aguirre, compoñentes de Amaral, están xuntos desde 1992, cando comenzaron a actuar en salas de Zaragoza e Madrid facéndose un oco na escena independente nacional.

Sting, o 1 de agosto

Sting actuará no Auditorio de Castrelos o vindeiro 1 de agosto dentro da programación Vigo en Festas 2020. Foi o propio alcalde, Abel Caballero, quen fixo o primeiro dos anuncios para as esperadas actuacións do verán na cidade.

Coa actuación do británico, Vigo entra así a formar parte da xira “Sting: My Songs”, un espectáculo que actualmente está percorrendo Estados Unidos para rememorar todos os grandes éxitos na prolífica carreira do 17 veces gañador dos Premio Grammy, tanto como integrante de The Police como sendo solista.

Comentar noticia

Your email address will not be published.