O Grupo Común da Esquerda demanda á Xunta un plan de emprego con enerxías verdes para As Pontes

Luca Chao considera que hai que poñerse a traballar en solucións concretas para as persoas que traballan na comarca tras o anuncio de peche da central térmica
Publicado por o día 28/09/2019 na sección de Grupo Común da Esquerda,Política

O Grupo Común da Esquerda demanda á Xunta un plan de emprego con enerxías verdes para As Pontes

O Grupo Común da Esquerda demandou este venres que a Xunta de Galicia poña en marcha un plan de emprego con enerxías verdes para As Pontes tras o anuncio de Endesa de pechar as súas centrais térmicas, algo polo que a voceira do grupo, Luca Chao, manifestou a súa preocupación. “Preocupación pola comarca de As Pontes porque, como vimos advertindo dende hai moito tempo, esta decisión depende da vontade dunha empresa”, sinalou.

Ante isto, declarou que “o que cabe esixirlle a un goberno responsable é que estivera traballando nun verdadeiro plan de emprego para a comarca, para asegurar que as traballadoras e traballadores de Endesa non queden na rúa polo peche da central”. Por iso, apuntou que “hai que esixir que se traballe nun plan de garantía do emprego que se adapte ás enerxías verdes, a unha transición enerxética xusta garantindo que non deixamos a ninguén atrás”.

“Chegamos tarde e agardamos que a Xunta tome cartas no asunto de inmediato e traballe por unha mesa de diálogo con todos os axentes sociais e con todos os niveis de goberno, que busque solucións concretas para as persoas que traballan a día de hoxe na comarca”, concluíu.

Comentar noticia

Your email address will not be published.