O Grupo Común da Esquerda denuncia a vulneración do dereito a folga por parte da CRTVG

A condena pola subtitución das folguistas o pasado 8 de marzo vén de ser confirmada polo Tribunal Supremo
Publicado por o día 14/02/2020 na sección de Grupo Común da Esquerda,Política

O Grupo Común da Esquerda denuncia a vulneración do dereito a folga por parte da CRTVG

Esta semana deuse a coñecer a sentenza do Tribunal Supremo do pasado 13 de xaneiro que confirma a emitida polo TSXG, condenando a CRTVG a unha indemnización de 15.625,50 euros por vulnerar o dereito á folga o pasado 8 de marzo. O Supremo confirma que a substitución da presentadora do Galicia Noticias, que se adheriu á convocatoria de folga da CUT, polo editor do programa, tivo o obxectivo de neutralizar o efecto propio do exercicio do dereito fundamental á folga, como é a paralización da actividade.

O TS descartou, así, o recurso da CRTVG por considerar que ningunha causa xustificaba a emisión do programa, que non constaba nos servizos mínimos, ao estar en folga a traballadora que habitualmente o presentaba. “A substitución irregular dunha das presentadoras é, unha vez máis, unha vulneración dos dereitos fundamentais dos traballadores”, denunciou Xan Xove. “Situámonos ao carón das traballadoras, esixindo toda a responsabilidade ao Goberno de Núñez Feijóo por manter na CRTVG unha dirección que non está respectando os dereitos do persoal”.

O deputado do Grupo Común da Esquerda xa presentara unha iniciativa na Comisión de Control da CRTVG en relación á folga do 19 de decembro de 2018, pola que hai uns meses a dirección da canle pública xa fora tamén condenada ao ter aplicado servizos mínimos abusivos. “A dirección da CRTVG non podía ter asinado servizos mínimos de forma unilateral, como fixo”, explicou.

Comentar noticia

Your email address will not be published.