O Grupo Común da Esquerda traslada o seu apoio ao profesorado de cara á xornada de folga de mañá

Publicado por o día 11/12/2019 na sección de Galicia,Grupo Común da Esquerda,Política,Sanidad

O Grupo Común da Esquerda traslada o seu apoio ao profesorado de cara á xornada de folga de mañá

O Grupo Común da Esquerda traslada ao profesorado de ensino primario e secundario o seu pleno apoio de cara á xornada unitaria de folga que terá lugar mañá. “Pídese algo tan básico como a recuperación do horario lectivo que tiñan antes da aplicación dos recortes coa escusa da crise económica; isto é, volver ás 18 horas en Primaria e 21 en Secundaria para que poidan adicar o resto da súa xornada a tarefas fundamentais que repercuten na mellora da calidade do ensino, como a atención personalizada ás nenas e nenos”, defendeu Luca Chao.

A voceira do Grupo Común da Esquerda lembrou tamén que o presidente da Xunta leva dous anos dicindo que “saímos da crise”, e que polo tanto “é hora de que iso se demostre recuperando os dereitos laborais do profesorado e blindando o dereito ao ensino público e a calidade educativa”. A iniciativa rexistrada no Parlamento por parte do Grupo vai encamiñada á recuperación do horario lectivo previo á crise, así como a instar á Xunta a recuperar o diálogo cos axentes sociais para trazar un plan de recuperación dos dereitos laborais do persoal docente.

Mañá varias deputadas do Grupo Común da Esquerda acompañarán aos docentes na manifestación que terá lugar ás 12h. na Praza de Cervantes, agardando que a Consellería atenda ás demandas dos sindicatos e do conxunto do colectivo docente.

Comentar noticia

Your email address will not be published.