O Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias engade o seu equipo de dron á busca dos mozos desaparecidos en Porto do Son

Publicado por o día 17/07/2020 na sección de Sucesos

O Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias engade o seu equipo de dron á busca dos mozos desaparecidos en Porto do Son

A Axencia Galega de Emerxencias súmase no día de hoxe á busca dos mozos desaparecidos en Porto do Son mediante o seu equipo de drons.

Segundo a previsión, os técnicos da AXEGA utilizarán estes aparatos para observar a zona comprendida entre Cabeiro e Baroña na procura dalgún indicio que permita localizar aos rapaces desaparecidos o pasado 6 de xullo, cando saíron a navegar nuns kayaks en Portosín.

Deste xeito, o Grupo de Apoio Loxístico da AXEGA intégrase no operativo de busca previsto para esta xornada, que iniciaron os rescatadores de Salvamento Marítimo por mar, os voluntarios de Protección Civil de Noia e Porto do Son e os membros do GES de Muros por terra e axentes da Garda Civil desprazados ao lugar a bordo helicóptero “Cuco”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.